Área privada

Ampliado o prazo de inscrición das VI Xornadas Internacionais de Educación Social e Xerontoloxía

Martes, 14 Outubro de 2014 | Tags: formación , descontos , xornadas

O Ceesg e a Facultade de Ciencias de Educación da Unversidade de Vigo (Campus de Ourense) estamos a organizar a VI Xornadas Internacionais de Educación Social e Xerontoloxía. Serán en Ourense o vindeiro 1 de outubro en Ourense.

Baixo o lema Boas prácticas: profesionalización e experiencias xeragóxicas, realizamos un programa a través do cal pretendemos difundir o papel da educación social na xerontoloxía, promover as boas prácticas e a profesionalización neste ámbito, e coñecer novas ferramentas e recursos para as/os profesionais que traballan con persoas maiores.

A iniciativa desta xornada parte do GEIX (Grupo de Estudos e Intervención Xeragóxica del Ceesg), que asumiu a organización, e que pon todo o seu entusiasmo para que vaia todo sobre rodas.

No programa haberá representación da Comisión Permanente de Envellecemento activo, ALV e Interxeracional do CGCEES, xa que contaremos coa súa coordinadora, Marichu Calvo, como membro do comité organizador, como relatora no acto de apertura e como dinamizadora dun dos talleres do "mosaico de experiencias".

Tamén contaremos como relator e membro do comité científico con Quico Mañós, de sobra coñecido no ámbito xerontolóxico, así como con representantes de entidades autonómicas e personalidades académicas vinculadas ao traballo con persoas maiores.

E entre outros relatores e relatoras, estará tamén Manuel Ojea, experto de recoñecido prestixio en Trastorno do Especto Autista.

Será unha xornada aberta á participación, pois contémplase a posibilidade de presentar comunicacións libres sobre experiencias de boas prácticas en educación xerontolóxica. As/os autoras/es das comunicacións aceptadas poderán asistir gratuítamente a toda a xornada.

Descargar programa, prezos, forma de inscrición, etc.

Normas para presentar comunicaciónsNormas para presentar comunicacións

Ampliado o prazo de inscrición ata o luns 29 de setembro!

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade