Área privada

Seguimos buscando candidatas/os!

Mércores, 30 Agosto de 2017 | Tags: Ceesg , infancia , Emprego , educación

Nos últimos días publicamos varias ofertas de emprego na nosa web.

E no Ceesg seguimos á procura de candidaturas para impartir o curso de Búsqueda Activa de Emprego para educadorxs sociais. O prazo remata este venres, polo que se estás interesadx non esperes máis e envía o proxecto formativo e o teu CV a ceesg@ceesg.org. Podes ver os requisitos e características da formación na Bolsa de Emprego do Ceesg.

Se estás na procura de emprego, non esquezas revisar frecuentemente a información sobre emprego na nosa web, onde imos publicando todas as ofertas que coñecemos ou que nos fan chegar as entidades que precisan de educadoras/es sociais.

Para os detalles das demais ofertas publicadas recentemente, entra na Bolsa de Emprego do Ceesg

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade