Área privada

Formación Ceesg: Educación social e TICs: A rede como un espazo máis de intervención

Sábado, 30 Novembro de 2013 | Tags: Ceesg , formación , descontos , tic

Para que estar na web 2.0?

Como usar as ferramentas da web 2.0 nas organizacións do terceiro sector?

Cales son os seus usos, potencialidades e riscos?

Como aplicar as TICs na intervención social?

Estas e outras preguntas resolverémolas a través do curso Educación social e TICs: A rede como un espazo máis de intervención.

As redes sociais xurdiron como unha nova forma de relacionarse persoalmente e institucionalmente, e constitúen un espazo máis de socialización, polo que cómpre coñecelas e manexalas, tamén no noso traballo. Organizamos este curso cos obxectivos de dar a coñecer as novas e distintas ferramentas comunicativas que teñen lugar nas nosas sociedades, contornas e contextos socioeducativos; entender as posibilidades e potencialidades que ofrecen, analizando tamén as súas limitacións; e reflexionar sobre as resistencias por parte das/os profesionais da Educación social acerca das redes sociais e as TICs. 

É un curso de carácter práctico, coa interacción e a reflexión participativa como eixe central.

O curso será impartido por profesionais de Educablog, educadores sociais que falan e socializan a profesión a través de diversos canais on-line. 

  • Lugar: A Coruña (Aula multimedia da Facultade de Ciencias da Educación. Campus de Elviña)
  • Data: 30 de novembro
  • Horario: De 9:30 a 13:30 e de 15:30 a 19:30 h.
  • Prezos: Colexiadas/os ou amigas/os do Ceesg: 30€. Estudantes ou profesionais en desemprego: 30€. Outros/as: 60€.

Para completar a inscrición é necesario cubrir o formulario de inscrición, e enviar os xustificantes de pago e de desemprego/estudiantes (de ser o caso).

Enlace ao formulario de inscrición

Prazo de inscrición ata o 28 de novembro.
Aproveitando a presenza dos profesionais de Educablog en Galicia, farase a presentación do seu libro "Educablog 2006-2011, de la red al papel", o día 29 pola tarde. Toda a información na nosa web.

Comentarios (3)

1 | MJ - Mércores, 06 Novembro de 2013 ás 18:10

Boa xornada! O enlace a descargar o folleto provisional non funciona. ¿Podédelo publicar?

2 | Ceesg - Mércores, 06 Novembro de 2013 ás 18:15

Xenial que vos guste! a verdade é que será un luxo contar cos rapaces de educablog. Xa deixamos o folleto definitivo.

3 | Educabloguers - Luns, 18 Novembro de 2013 ás 21:42

Gracias po lo de rapaces, pero xa as canas non engañan a ningen. O noso e un conservarse como se poida (cousa que en Galiia vai ser imposible cumplir). Una aperta moi grande e ata pronto

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade