Área privada

I Invernada de cine

Luns, 14 Outubro de 2013 | Tags: Ceesg , , cine

Qué é a invernada de cine?

A carta de axuste ás sete da tarde un día tras outro iluminaba a pantalla do televisor para dar comezo a programación; ese tempo facíase moi longo, como o inverno.

O rebulir das personaxes que traían nas súas tripas os debuxos, o teatro, os documentais, as películas e centos de contos que cerraban a emisión con outra carta de axuste, espertaban paroladas e faladoiros de todo canto alí acontecera.

A invernada de cine non quere tratar de voltar a vista atrás pero si coller como referente ese pasado tan presente para debullar entre todos as alternativas que o audiovisual nos ofrece.

Acércase o entretemento, a aprendizaxe, a compaña, o recordo, a mestura de ideas, opinións, divertimento, reflexións, risas, café e máis café e. . .

Podemos pasar un inverno de cine. Non vos parece?

Segue todas as novidades da I Invernada de Cine no seu perfil de facebook.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade