Área privada

Formación Ceesg: Avellentamento activo. Ferramentas para a intervención socioeducativa.

Xoves, 12 Decembro de 2013 | Tags: Ceesg , formación , persoas maiores , descontos , geix

O Grupo de Estudos e Intervención Xeragóxica do Ceesg organiza e imparte, co apoio e colaboración do Ceesg, e co aval da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría o curso "Avellentamento activo. Ferramentas para a intervención socioeducativa", que ten como obxectivo, entre outros, dotar de ferramentas e recursos ás/aos profesionais do ámbito socioeducativo con persoas maiores.

O curso estrutúrase en 5 sesións de 8 horas. Cada sesión conforma unha unidade formativa independente, polo que é posible inscribirse no curso completo ou nas sesións soltas. O curso completo é de 42 h., das cales, 2 h. corresponden a traballo individual a distancia.

As datas destas sesións serán os días 16, 17 e 30 de novembro, 1 e 14 de decembro.

Para inscribirte, podes facelo a través da web do Ceesg, ou enviándonos a ficha de inscrición que figura no folleto, xunto coa documentación pertinente.

Enlace ó formulario de inscrición online

Descarga o cartel

Descarga o folleto

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade