Área privada

Petición de colaboración

Mércores, 09 Outubro de 2013 | Tags: universidade

Trasladamos a petición dunha alumna da Universidade de Vigo, para colaborar na recollida de datos para o seu estudo:

O motivo de este escrito é para solicitar a súa axuda e colaboración nun estudo que estou efectuando, na Universidade de Vigo, sobre a percepción que ten o educador/a social acerca da formación universitaria que recibiu sobre a incidencia da violencia de xénero e doméstica nos fillos e fillas. A súa aportación axudarame a dispor dunha mostra suficiente para poder presentar e defender o Traballo Fin de Grao que estou a cursar na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense. Asimesmo, estimo que os resultados atopados permitiranme coñecer as inquedanzas e necesidades das persoas profesionais da educación social e, por extensión, mellorar a miña formación neste ámbito de intervención concreto, Neste caso, o colectivo sobre o que focalizamos a nosa atención son menores, en idade escolar, dado que constitúe unha poboación coa que os educadores e educadoras sociais traballamos habitualmente.

Anticípolle o meu agradecemento pola súa participación.

Area Cid

Descargar cuestionario

O cuestionario faise de xeito anónimo e podedes envialo cuberto a areacid@hotmail.com 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade