Área privada

O CGCEES esixe a retirada ou modificación substancial da Lei de reforma das administracións locais

Xoves, 12 Decembro de 2013 | Tags: cgcees , Actuacións , lexislación

 

Coincidindo, e non por casualidade, co Día Mundial da Educación Social, o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Educadores e Educadoras Sociais entregou onte no Congreso dos Deputados as súas alegacións ao Proxecto de Lei de racionalización e sostibilidade da Administración Local.

Este Proxecto de Lei está a punto de iniciar o seu trámite parlamentario. Un dos riscos máis patentes da súa aplicación é romper co principio de proximidade e subsidiariedade na prestación de servizos aos habitantes dos municipios. A prestación dos servizos sociais debe realizarse dende o ámbito máis próximo ás persoas, favorecendo a permanencia no seu ámbito habitual de convivencia e a integración activa na vida da súa comunidade e a participación destas.

O actual Proxecto está inspirado no retorno a modelos asistencialistas e de beneficencia (desmontando o sistema actual baseado nos dereitos sociais), atendendo ao feito que unicamente está baseado na rendibilidade económica, deixando á marxe a rendibilidade social e os intereses e as necesidades das persoas, grupos e comunidades.

O Consello Xeral e os Colexios que o forman esixen a súa retirada ou modificación substancial durante o trámite parlamentario, coñecedores da importancia que os servizos que se oferten á cidadanía sexan da máxima calidade.

Como representante dos profesionais da Educación Social, o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Educadoras e Educadores Sociais ofreceuse aos Grupos Parlamentarios no Congreso e ao Goberno do Estado, para mellorar substancialmente este proxecto de lei, que de ser aprobado nos termos nos que está redactado será absolutamente negativo para as políticas sociais do Estado.

 

3 de outubro de 2013

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade