Área privada

Feliz Día da Educación Social!

Mércores, 02 Outubro de 2013 | Tags: concurso , universidade , dmes

Hoxe, 2 de outubro, é o Día Mundial da Educación Social.

E é que son Tempos de Educación Social, tempos de espertar conciencias aletargadas, de promover a reflexión e a acción crítica, de reivindicar a garantía dos dereitos sociais, de indignarnos e mobilizarnos ante as reformas neoliberais, ante o adelgazamento do Estado de Benestar e a hipertrofia do Estado Penal, de buscar alternativas que impliquen á cidadanía, de pensar noutra educación e noutra sociedade posible.

Aproveitamos esta data sinalada para facer visible a nosa profesión con diversos actos e iniciativas:

Hoxe lanzamos o concurso de traballos de fin de grao tfg.es, dirixido ao estudantado do Grao de Educación Social.

Estaremos nos actos organizados pola Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago. O Ceesg terá presenza na mesa redonda A educación social, necesaria, e as estudantes do PIC faranse cargo dun stand informativo con información do colexio, da marea laranxa, e das actividades que estamos a desenvolver neste momento. Ver programa de actividades

Na Universidade de Vigo (Campus de Ourense), a Asociación Universitaria de Ciencias da Educación exporá ao longo do día un cartaz no que a xente poida expresarse libremente sobre a educación social, e xa pola tarde, o Ceesg acompañaraos xunto co estudantado colaborador do PIC para presentar o libro Experiencias de Educación Social. Día Mundial da Educación Social, editado polo colexio. As persoas que asistan á presentación poderán levar un exemplar do libro. Ver programa da tarde

E os días 3 e 4 de outubro en Barcelona, participaremos nos actos organizados polo CGCEES.

Un Día para celebrar e reivindicar. #edusoday

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade