O 2 de outubro é o Día Mundial da Educación Social, e ímolo celebrar.
O CGCEES organizará actos durante os días 3 e 4 de outubro en Barcelona.
E o Ceesg e as Facultades de Ciencias da Educación das Universidades de Coruña, Santiago e Vigo (Ourense) tamén traballan na organización de diversos actos.
Na Universidade de Santiago de Compostela, as estudantes faranse cargo dun stand informativo con información do colexio e da marea laranxa, e das actividades que estamos a desenvolver neste momento. Tamén participaremos na mesa redonda: A educación social, necesaria. Ver programa
Na Universidade de Vigo (Campus de Ourense), a Asociación Universitaria de Ciencias da Educación organizará diversas dinámicas pola mañá, e xa pola tarde, o Ceesg acompañaraos en Ourense xunto co estudantado colaborador dos PIC para presentar o libro Experiencias de Educación Social. Día Mundial da Educación Social, editado polo colexio. As persoas que asistan á presentación poderán levar un exemplar do libro. Ver programa da tarde
Tamén neste día, presentaremos e lanzaremos o concurso de traballos de fin de grao tfg.es, do que coñeceredes detalles nos próximos días.
E ti, como o vas celebrar?
R/ Lisboa 20, Baixo C, 15707 Santiago | Telf: 981 552206 | Fax: 981 938274
Política de protección de datos | Contacto | RSS