Os días 4 e 5 de ourubro estaremos presentes nos actos de celebración do Día Mundial da Educación Social que organiza o CGCEES en Barcelona. Entre os actos: unha xornada-encontro profesional sobre EDUCACIÓN SOCIAL E CIENCIA, o anuncio do fallo do xurado do II Concurso de proxectos Memorial Toni Julià, e un acto de celebración do noso Día Internacional.
Aproveitaremos este encontro a nivel estatal para traballar conxuntamente. Haberá reunións de traballo da comisión permanente de CGCEES, do consello de redacción da Revista RES - Revista de Educación Social, da vogalía de comunicación do CGCEES...
Dous días cargadiños de educación social!
R/ Lisboa 20, Baixo C, 15707 Santiago | Telf: 981 552206 | Fax: 981 938274
Política de protección de datos | Contacto | RSS