Área privada

VI Xornada de recursos educativos en galego: Educación Social

Xoves, 12 Decembro de 2013 | Tags: formación , Ceesg

Os días 8 e 9 de novembro celebraranse en Santiago de Compostela estas xornadas, a través das cales queremos crear un espazo para o debate e a reflexión ao redor dos recursos educativos en lingua galega nos diferentes contextos educativos, nas edicións anteriores fíxose un percorrido s de ensino infantil, primaria, obrigatoria, bacharelato e formación profesional, neste ano as xornadas son adicadas á educación social.

Pretendemos que o alumnado da Facultade de Ciencias Educación da Universidade de Santiago de Compostela poida tomar conciencia importancia que teñen os recursos educativos na práctica da educadora e do educador social, así como coñecer de primeira man os materiais didácticos en galego dos que poderá no seu futuro profesional.

Así mesmo, un dos propósitos destas xornadas é coñecer cal é a situación actual dos materiais en lingua galega no ámbito (características, necesidades, usos...) e fornecerlles ás e ós futuros/as profesionais estratexias e criterios que lles permitan non só coñecer e empregar os recursos existentes, senón adaptalos e reelaboralos para atender ás diferentes necesidades do ensino-aprendizaxe que se desenvolven nos diferentes espazos de traballo polos que nos movemos as educadoras e os educadores sociais en Galicia.

O Ceesg é unha das entidades organizadoras da xornada.

Descargar programa.

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade