Área privada

VI Xornadas de Materiais Didácticos

Luns, 23 Setembro de 2013 | Tags: Ceesg , Escola

As VI Xornadas de Materiais Didácticos pretenden ser continuación dos anteriores congresos de materiais didácticos, tendo como obxectivo nesta ocasión, baixo o lema “Recursos e materiais didácticos para o ensino en Galego”, crear un espazo de eminente carácter práctico a través do cal poder difundir e dar a coñecer aqueles materiais didácticos e recursos educativos existentes en galego que contribúen á normalización da nosa lingua, tanto en centros de ensino como noutras entidades socioeducativas.

Son coñecidas as dificultades para encontrar materiais en galego para determinadas áreas e proxectos, polo que se fai necesaria a difusión dos existentes e das ferramentas que poidan axudar á multiplicación deste tipo de materiais. Igualmente, a través do coñecemento e difusión dos materiais elaborados polo propio profesorado, preténdese recoñecer o gran labor que hai detrás da construción de recursos educativos polos propios docentes e do interesante abano de posibilidades que se abre a través do intercambio de experiencias e de recursos.

Ir á web de NEG

Ver programa

Ir ao formulario de inscricións

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade