Área privada

Seminario de formación plurianual

Xoves, 05 Setembro de 2013 | Tags: Ceesg , Escola , formación

Seminario de formación plurinacional (Francia, Portugal, Alemania, España) sobre prácticas de Educación Nova e Educación Activa en Intervención Social e Animación Sociocultural.

Dende o sector europeo e internacional de Aquitania organizan unha formación con asociacións francesas, alemanas, portuguesas e galegas. Esta formación está financiada pola OFAJ (Oficina Franco Alemana para a Xuventude) e desenvolverase en tres etapas: un primeiro seminario en outubro de 2013 en Lisboa, un segundo seminario en marzo - abril de 2014 en Berlín e un terceiro en outubro 2014 en Burdeos.

Os temas principais do seminario son:

  • A mutualización de prácticas de Educación Nova, con especial interese nos ámbitos de animación e intervención social
  • A construcción de proxectos en común entre asociacións de Educación Nova e Educación Activa a nivel europeo.

O primeiro seminario será do 19 ó 26 de outubro en Lisboa. 

A única condición para participar é poder comunicarse, ademais de en galego (ou galego e portugués) en francés, alemán ou inglés. Isto non significa ser bilingüe, senón ter competencias básicas de comunicación nunha das linguas que nos permitan realizar intercambios sobre as nosas maneiras de traballar.

O Ceesg é unha das entidades convidadas a estar presentes neste interesante seminario, polo que algunha educadora ou educador social colexiada/o podería asistir se ten interese no tema.

INTERÉSACHE PARTICIPAR? 

Chama ao Ceesg e informámoste do procedemento a seguir. Prazo ata o 6 de setembro!

Documentación informativa:

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade