Área privada

Corrección de erros posto Educador. Grupo A2-22

Luns, 26 Agosto de 2013 | Tags: Emprego , convocatoria

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de hoxe luns 26/8/2013 sae publicada unha corrección de erros ás bases reguladoras da convocatoria pública do persoal que integrará a Bolsa de Emprego da Deputación Provincial de Pontevedra para contratacións laborais temporais.
Esta corrección supón a inclusión das/os profesionais da Educación Social para o acceso ao posto "Educador. Grupo A2 - 22".
O prazo de 15 días hábiles para presentar a documentación, para este posto de "Educador. Grupo A2 - 22", computan desde o día seguinte á publicación da corrección de erros. O último día para que presentedes a documentación será o 12 de setembro.
Dende o Ceesg enviarase, igualmente, escrito explicando as nosas funcións, por considerar que, segundo o temario das devanditas bases, a profesión q mais se axusta a este posto é a de Educación Social.

Enlace ao boletín coa corrección de erros:  http://www.bop.depo.es/bop.PONTEVEDRA/2013/bop.PONTEVEDRA.20130826.162.pdf#PAGE=35

 

Enlace ao Boletín da Convocatoria:  http://www.bop.depo.es/bop.PONTEVEDRA/2013/bop.PONTEVEDRA.20130819.157.pdf#PAGE=28

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade