Como parte da celebración do 10º aniversario, o Ceesg traerá a Galicia, en colaboración coa Universidade de Santiago, a obra de teatro “Educador Social en Alaska”, baseada no blog do mesmo nome e levada á escena pola compañía Factoría Los Sánchez.
Coincidirá coa celebración da asemblea e das eleccións do Ceesg, o día 11 de febreiro, a partir das 20:30 h. na sede de Arteria Noroeste (ver situación)
Poderá asistir calquera persoa, así que non esperes máis e reserva xa a túa localidade chamando ao 981552206. As persoas colexiadas e os estudantes da Universidade* de Santiago terán prioridade na reserva ata o día 8 de febreiro, e poderán traer un/ha acompañante. Quen non estea nesta situación pode facer igualmente a súa reserva e quedará en lista de espera ata o día 9 de febreiro, cando confirmaremos se teñen praza.
* As/Os estudantes deberán acreditar a súa situación no momento de entrada, levando o seu carné de estudante ou resgardo de matrícula e DNI.

Educador Social en Alaska! Boa idea e grazas por traelo a Galiza! Xa me apunto!
A obra e xenial: encantoume. Recomendao a todo o mundo.
Y nosotros encantados de actuar en Galicia. Gracias! Un abrazo Los Sánchez
R/ Lisboa 20, Baixo C, 15707 Santiago | Telf: 981 552206 | Fax: 981 938274
Política de protección de datos | Contacto | RSS