Área privada

1ª Semana Galega pola Renda Básica das Iguais

Luns, 28 Xaneiro de 2013 | Tags:

Movéndonos polo dereito a vivir dignamente, movéndonos pola RBis! Con este lema as xentes de Baladre e colectivos parceiros avanzan a programación da 1ª Semana Galega pola Renda Básica das Iguais.

O pasado mes de decembro, co gallo da presentación en Compostela do libro “Repartindo a nosa riqueza”, que expón os resultados do estudo de viabilidade da RBis en Galiza, as persoas que veñen dinamizando a proposta no noso territorio decidiron dar uns cantos pasiños máis.

De cara a xerar debate sobre a utilidade desta ferramenta á hora de dar resposta á precarización que afoga a cada vez a máis persoas –segundo os últimos datos do IGE, ao remate do 2012, seis de cada dez fogares galegos recoñecían a enorme dificuldade que supón chegar a fin de mes-, e a gravísima situación de exclusión na que se atopan outras moitas, propuxéronse moverse polo dereito a unha vida con dignidade e igualdade.

Así, do 25 e 31 de xaneiro poñen en marcha a 1ª Semana Galega pola Renda Básica, na cal terán lugar actividades en diferentes cidades e vilas. 

Venres 25

20h00 - Centro social O Gorgullón (Rúa Curtidoira 3) - Organiza: Colectivo Encontro Benestar Social - PONTEVEDRA

Sábado 26

12h00 - Fórum Própolis (Rúa Barcelona 115 Soto) - A CORUÑA

16h30 - Obradoiro de RBis e xénero - Libraría Lila de Lilith - COMPOSTELA

17h00 - Centro social okupado autoxestionado XUNTAS (Rúa do Carmen 1, entrada por Baixada a igrexa 10) - VIGO

18hoo - Organiza: Asociación Fuco Buxán - FERROL

Domingo 27

19h00 - Núcleo Confederal CNT (Camiño do Castelo, 10) - Organizan: CNT e Ateneo Libertario - ALLARIZ

Luns 28

19h00 - Espazo Cultural Alternativo EsCuA (Praza Estrela, Casco Vello) - Organiza: Adiante - OURENSE

Martes 29

10h a 12h - Facultade Traballo Social - OURENSE

20h00 - Sala polivalente da casa do Dr. Dopeso - AS PONTES

20h00 - Salón de graos Facultade Ciencias Económicas - Organiza: Liga Estudantil Galega - COMPOSTELA

Mércores 30

19h30 - Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado - Organizan: A Cova da Terra e Na Encrucillada - LUGO

Xoves 31

11h30 - Centro Cívico do Casco Vello (Rúa Oliva 12) - Organiza: grupo IMAN - VIGO

20h30 - Bou Eva (Rúa Terzo de Fóra 12) - VIGO

Durante esta semana de loita polos dereitos sociais, tratarase de achegar os fundamentos nos que se asenta a proposta da Renda Básica das Iguais, tanto a viabilidade económica coma social da mesma, ao maior número de persoas e colectivos, especialmente aqueles que se atopan en situación de maior vulnerabilidade como é o caso das persoas sen fogar, afectadas polo VIH, familiares de persoas presas ou mocidade. Respecto a este último grupo, o desemprego e os paulatinos recortes nas bolsas e axudas ao estudo están a facer que a emigración volva ser a única perspectiva de futuro para moitas mozas e mozos. A esta altura, xa son 70 o número de mozas e mozos galegos que cada día parten a buscarse a vida noutro lado, coa conseguinte sangría demográfica e social que supón tal exilio económico forzoso.

Tamén abordaremos a relación entre a RBis e as propostas do feminismo dirixidas a desprazar os mercados e situar a vida con dignidade no centro das preocupación e decisións do conxunto da sociedade. Isto será nun obradoiro que terá lugar na Libraría Lila de Lilith en Compostela, organizado por un grupo de formado a partir das Xornadas Ecofeministas celebradas nesa localidade no mes de decembro. Nesta actividade, acordouse crear grupos en base a liñas de traballo futuras entre as cales se atopaba a Renda Básica das Iguais. O obxectivo final é promover un achegamento das activistas e grupos feministas do país a esta proposta, traballándoa e dinamizándoa nunha chave de xénero que incorpore ademais a idiosincrasia da realidade galega na súa proposta.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade