Área privada

Onde están os recortes?

Mércores, 17 Outubro de 2012 | Tags: Ceesg , Actuacións , marea laranxa

Dende CGCEES xurdiu a iniciativa de crear un 'Observatorio dos recortes' que nos permita coñecer datos sobre as políticas de recorte e transmitir á cidadanía e aos medios o alcance e impacto destas medidas. 

Para isto, queremos pedirvos a colaboración de todas e todos. Como educadoras/es sociais, somos vítimas e testemuñas dos recortes que afectan ás áreas social, cultural e educativa. Queremos que nolo contedes. Onde vedes vós os recortes? Nas subvencións para o terceiro sector? Nas axudas municipais para o comedor escolar? Nas prestacións para persoas sen recursos?... Dende os vosos postos de traballo, e tamén como cidadáns e cidadás afectadas, facédenos chegar a vosa percepción dos recortes para recompilalos e poder ter unha imaxe real de ata que punto están chegando. 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade