Área privada

'A débeda dos gobernos é coas mulleres, non cos bancos'

Xoves, 04 Outubro de 2012 | Tags: Ceesg , mulleres , Actuacións , campaña

 

Coa campaña 'A débeda dos gobernos é coas mulleres, non cos bancos', a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres quere poñer de manifesto a situación das mulleres na situación global actual. "Queremos denunciar a situación das mulleres nos nosos países e o agravamento desa situación coas políticas que os diferentes gobernos conservadores están a poñer en práctica coa escusa do crise económica. Crise que para nós non é máis que un novo saqueo aos nosos povos para acumular as riquezas en mans dos poderosos e para eliminar gran parte dos dereitos conquistados polas traballadoras ao longo das últimas décadas."

Dende a Coordenadora fan un chamado a toda a sociedade galega, individual e organizada a apoiar esta Campaña Europea, concretando este apoio en adherirse ao manifesto e na colaboración e coorganización das actividades nos días de mobilización programados no calendario da campaña (do 4 de outubro ao 8 de marzo)

A presentación da campaña terá lugar de xeito simultáneo en máis de 10 países. En Galicia, será o 4 de outubro na Galería Sargadelos, Compostela.

Dende o Ceesg xa nos adherimos ao Manifesto. 

Ler manifesto

Calendario de mobilizacións

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade