Área privada

Próximo número da Revista RES

Luns, 28 Maio de 2012 | Tags: publicacións , Escola

O décimo sexto número da Revista RES terá como tema central a relación entre Educación Social e a Escola.

Concluído o prazo de recepción de artigos para o n.º 15: "Xustiza Xuvenil e Educación Social", que está en período de elaboración, ábrese un novo prazo para recepción de artigos do próximo n.º 16: "A Educación social e a Escola".

Como colaborar neste número:

RES é unha publicación dixital que combina en cada número diferentes apartados ou seccións: unha sección está dedicada a un tema específico e central. Outras están relacionadas coa actualidade, con recensións de proxectos e programas, estudos, libros, etc. Recóllense tamén sempre nun espazo de "miscelánea" aqueles outros temas que non tiveron clasificación pero que sexan de interese para o colectivo da educación social. A aceptación dos artigos faise despois da valoración e selección do Consello de Redacción entre aquelas propostas que se reciban.

O tema do próximo número en preparación é "A educación social e a Escola", e sería xenial que esta vez a revista recolla algunha experiencia galega.

Se desexas enviar unha colaboración relacionada con este tema ou con algunha das seccións, podes contactar por correo electrónico, antes do 15 de novembro de 2012, a res@eduso.net seguindo as indicacións recollidas no apartado final desta páxina.

Fai chegar á redacción todas aquelas noticias, recensións, proxectos, reflexións, etc. que consideres interesantes, para poder darlles difusión dende esta ventá da Educación Social.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade