Área privada

O Ceesg participará no Plan de prevención da dependencia

Xoves, 10 Maio de 2012 | Tags: achegas , dependencia , persoas maiores , colaboracións

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Política Social, vai a levar a cabo nos vindeiros meses a elaboración dun plan/estratexia de prevención e detección precoz da dependencia en Galicia 2012-2020. 

Para a elaboración deste plan/estratexia, contarase cos distintos axentes implicados, e o Ceesg é unha das entidades convidadas a participar neste traballo. A estes efectos designouse a Eva Mª López Soto como representante que participará nos distintos grupos de traballo que se constituirán para recadar as achegas, ideas e suxestións que darán pé ao futuro Plan/Estratexia. 

A Unión Europea alerta da debilidade de determinadas rexións polo seu envellecemento e recomenda adoptar novos plans de acción a nivel internacional para a promoción do envellecemento activo e saudable, que particularmente afecta a Galicia debido ao seu índice de envellecemento poboacional, cunha porcentaxe actual do 22% da poboación de persoas maiores de 65 anos. Prevese que nunha década o número de persoas maiores se incremente un 10% chegando a alcanzar a cifra de 667.584 persoas maiores de 65 anos en Galicia, representando unha cuarta parte da poboación da Comunidade Autónoma (por cada persoa menor de 20 anos Galicia terá 58 persoas de máis de 65 anos). O envellecemento da poboación trae consigo o aumento da prevalencia das enfermidades crónicas e das cifras de dependencia, debido ao cal é importante identificar e poñer en común boas prácticas e dar un salto cualitativo nas actuais políticas de persoas maiores desde sistemas asistenciais, diagnósticos, terapéuticos e de rehabilitación cara á prevención e a detección precoz da dependencia. 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade