Loading...

COLEXIACIÓN

Amigas-os do Ceesg

 

Es estudante de Educación Social e interésache a situación da profesión?
Daquela non tes máis que contactar co Colexio de Educación Social de Galicia e acollerte a esta oportunidade para o ESTUDANTADO DE EDUCACIÓN SOCIAL -que non cumpran os requisitos de colexiación-.

Características:

  • Calquera Estudante de Educación Social pode achegarse aos Servizos do Ceesg facéndose Amiga/o do Ceesg, aboando unha cota de 20 € por curso
  • Terás acceso a todos os servizos dos que disfrutan as persoas colexiadas* agás ao Seguro de Responsabilidade Civil. (Non terás dereito a voto en asemblea).
  • A solicitude farase efectiva no momento en que toda a documentación (impreso de solicitude, copia do DNI e acreditación de ser Estudante de Grao en ES) sexa presentada no Ceesg.
  • No momento en que se faga efectiva a amizade, recibirás un email de confirmación.
  • Tódolos anos deberás acreditar a situación de estudante, ou automaticamente se fará efectiva a baixa.
  • As cotas de Amigas/os do Ceesg que pagues durante o teu período estudiantil seranche descontadas das cotas do Ceesg, colexiándote no curso seguinte, e ata un límite de 80€.
  • Poderás beneficiarte da amizade co Ceesg mentres sexas estudiante de Educación Social.

* As promocións ofrecidas por outras empresas para persoas colexiadas poden decidir se facer extensiva ou non as súas promocións ás amigas e amigos do Ceesg.

Ir ao portelo.