Área privada

Novidades destacadas do Congreso de Educación Social

Martes, 14 Febreiro de 2012 | Tags: formación , promocións , Congreso

O 3, 4, e 5 de maio de 2012 temos unha cita coa nosa profesión en Valencia. Desde o ceesg estamos decididos a impulsar a presencia de Galicia no congreso, desenvolvendo diferentes accións que vos animen a participar e vos faciliten as xestións a realizar. A organización do VI Congreso é responsabilidade do Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais (CGCEES) e o Colexio Oficial de Educadoras e Educadores Sociais da Comunidade Valenciana (COEESCV). Baixo o  lema  'Novas visións para a Educación Social: experiencias e retos de futuro', organízanse 4 eixos temáticos:

  • Políticas Públicas. A Educación Social como dereito e construción da cidadanía.
  • Método e ferramentas de investigación e intervención en Educación Social.
  • Experiencias de futuro. Novos campos e liñas de ruptura na Educación Social.
  • Formación inicial e permanente.

A información que máis che pode interesar neste momento é:

  • Está aberto o prazo de presentación de propostas para comunicacións para o VI Congreso, que foi ampliado ata o 29 de febreiro. Accede as bases.
  • Está en marcha o concurso 'YO IRÉ A VALENCIA 2012', pensado para a participación e no que se pode conseguir a matrícula de balde no Congreso. Para participar, deberás remitir unha fotografía na que se vexa o cartel 'Yo iré a Valencia 2012'. Premiarase a máis orixinal e imaxinativa e a máis votada. Participa en 'Yo iré a Valencia 2012'
  • Púxose en marcha o 'CONCURSO DE PRESENTACIÓNS VIRTUAIS SOBRE PRÁCTICAS DE EDUCACIÓN SOCIAL' para estudantes, premiando aquelas experiencias desenvolvidas dentro das súas prácticas universitarias. Accede ás bases
  • Xa se publicou o preprograma do Congreso, que é un primeiro achegamento ao que será o programa definitivo e estará pechado a finais deste mes. Accede ao preprograma
  • O prazo de inscrición xa está aberto. Dende 3 de febreiro está dispoñible a inscrición online. Inscríbete xa
  • Prezos: para abaratar custes. O ceesg ofréceche diferentes posibilidades:
    • Para a inscrición é posible abaratala a 150 euros. Para isto, hai que formar un grupo mínimo de 10 persoas. Se che interesa esta opción ponte en contacto co ceesg para anotarte. Tamén poderá ser posible conseguila de balde accedendo a unha das bolsas que o ceesg convocará para as persoas que presenten comunicación, das que informaremos en días vindeiros. En todo caso, debes ter en conta que a inscrición inclúe o xantar de 2 días de congreso (xoves e venres), materiais e documentación, diploma de asistencia, pausa - café dos tres días, asistencia ao espectáculo do venres noite no Pazo de Congresos.

      PREZOS DE INSCRICIÓN ATA O 15 DE ABRIL (incluído)

      INDIVIDUAL

      Estudantes

      Desempregadas/os

      180 €

      Colexiadas/os ou asociadas/os de entidades de CGCEES

      Xubiladas/os

      230 €

      Resto de profesionais

      280 €

    • Para o aloxamento é posible conseguir albergues no centro de Valencia a partir de 10 euros/noite, ou tamén en hotel a partir do 50 euros Accede á información sobre aloxamento

Se te anotas na cea do congreso tes que sumarlle 25 euros máis.

Ten en conta que a partir do 15 de abril soben os prezos das inscricións.

 

Na propia web do VI Congreso atoparedes toda a información que poidades necesitar sobre este evento. ¡¡Animádevos a visitala!!

http://www.congresoeducacionsocial.org

¡ANÍMATE E PARTICIPA!

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade