Área privada

Teatro en Santiago: Alaska 2099

Mércores, 29 Febreiro de 2012 | Tags: teatro , Ceesg

A Universidade de Santiago de Compostela e o Ceesg traerán a obra ALASKA 2099 ao Teatro Principal. Trátase da continuación da obra EDUCADOR SOCIAL EN ALASKA, que tivo un gran éxito nas súas postas en escena en Galicia o ano pasado. Alaska 2099 preséntanos,  en clave de parodia, o futuro dos servizos sociais nun contexto de crise económica global, nunha sociedade máis virtual que real.

A compañía Factoría Los Sánchez será a encargada que representar a obra o día 27 de febreiro ás 20:00 h. no Teatro Principal de Santiago, sito na Rúa Nova nº 21.

O prezo da entrada para colexiadas/os e estudantes será de 3€ e para o público en xeral 5€ . As persoas inscritas no ciclo de teatro non terán que pagar entrada. As entradas poden mercarse en taquilla o mesmo día dende as 19:00 h. Tamén se pode reservar entrada dende esta páxina, facendo o pago na conta bancaria indicada. Enlace para a reserva.

Esta actividade está enmarcada dentro do V Ciclo de Teatro Comunitario 'Teatro(é)Educación'.

A obra representarase na cidade da Coruña o día 28 de febreiro en Ourense o día 29.

NON PERDAS A OCASIÓN DE DIFRUTRAR DA OBRA!!!

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade