Área privada

O Ceesg nomea a Colexiada de Honra 2012

O CEESG NOMEA COLEXIADA DE HONRA A Mª DOLORES CANDEDO GUNTURIZ, profesora da UDC e Presidenta do Movimento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega.

    Facendo coincidir a publicación do nomeamento co 22 de xaneiro, día en que se cumpren 11 anos de andaina deste Colexio Profesional.

Os Estatutos do Colexio Profesional de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia contemplan a posibilidade de que a súa xunta de goberno, poida nomear colexiados/as de honra ás persoas que, polos méritos científicos, técnicos e profesionais no ámbito da educación social, contribúan ao desenvolvemento desta profesión. Con ocasión do aniversario dos seus once anos de creación como colexio profesional, o ceesg aproveita para facer un recoñecemento expreso do labor que veu desenvolvendo a profesora Mª Dolores Candedo Gunturiz, e a súa grande contribución ao desenvolvemento desta profesión. Entre os seus méritos destacan:

  • Foi  profesora na Escola Universitaria de Ourense ata o ano 1990. 
  • É profesora de Pedagoxía Social no grao de Educación Social, na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.
  • Foi Decana da Facultade de Ciencias da Educación da UDC de 2000 a 2005, onde tivo que representar a varias titulacións, entre elas, a educación social.
  • Foi adxunta na vicerreitoría de organización académica e titulacións, responsable da posta en marcha dos graos, entre eles, o de educación social.
  • Os seus ámbitos de investigación están moi ligados á Educación Social: educación en valores e políticas culturais no marco da administración local, modelos e usos linguísticos en educación.Ten publicado temas de Educación Social e Escola, Pedagoxía Social e Educación Ambiental.
  • Foi presidenta do movemento de renovación pedagóxica  Nova Escola Galega entre os anos 97-99, volvendo desde hai dous anos a ocupar este cargo.  Nestes anos Nova Escola Galega sempre foi aliada co Ceesg coa que compartimos ideas e espazos en defensa dunha educación comprometida coa sociedade galega, apostando pola incorporación do perfil da educación social no ámbito escolar. Neste senso, organizáronse conxuntamente 2 encontros sobre a temática Educación Social e Escola, ademáis colaborar en numerosas iniciativas.
  • Mª Dolores Candedo é unha persoa moi comprometida e valiosa tanto a nivel profesional como humano.

Con este nomeamento Mª Dolores Candedo Gunturiz adquire a condición de colexiada de honra, que é unha mención honorífica que lle da dereito á participacion nas Asambleas ordinarias e extraordinarias deste colexio Profesional.

Con este motivo, no marco da súa vindeira Asamblea anual que terá lugar a finais de febreiro, o Ceesg entregará un agasallo á homenaxeada. Será a segunda vez que o Ceesg fai un nomeamento deste tipo, xa que no ano 2003, concedeuse este galardón a Xosé Manuel Cid, profesor da Universidade de Vigo no Campus de Ourense, ocupa na actualidade o cargo de vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación, e como tal é  coordinador do Título de Educación Social e coordinador da elaboración da Memoria do Novo grao, en estreita colaboraci'on co CEESG, a súa segunda casa.

Dende o Ceesg, todos os nosos parabens para Mariló.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade