O CEESG NOMEA COLEXIADA DE HONRA A Mª DOLORES CANDEDO GUNTURIZ, profesora da UDC e Presidenta do Movimento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega.
Facendo coincidir a publicación do nomeamento co 22 de xaneiro, día en que se cumpren 11 anos de andaina deste Colexio Profesional.
Os Estatutos do Colexio Profesional de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia contemplan a posibilidade de que a súa xunta de goberno, poida nomear colexiados/as de honra ás persoas que, polos méritos científicos, técnicos e profesionais no ámbito da educación social, contribúan ao desenvolvemento desta profesión. Con ocasión do aniversario dos seus once anos de creación como colexio profesional, o ceesg aproveita para facer un recoñecemento expreso do labor que veu desenvolvendo a profesora Mª Dolores Candedo Gunturiz, e a súa grande contribución ao desenvolvemento desta profesión. Entre os seus méritos destacan:
Con este nomeamento Mª Dolores Candedo Gunturiz adquire a condición de colexiada de honra, que é unha mención honorífica que lle da dereito á participacion nas Asambleas ordinarias e extraordinarias deste colexio Profesional.
Con este motivo, no marco da súa vindeira Asamblea anual que terá lugar a finais de febreiro, o Ceesg entregará un agasallo á homenaxeada. Será a segunda vez que o Ceesg fai un nomeamento deste tipo, xa que no ano 2003, concedeuse este galardón a Xosé Manuel Cid, profesor da Universidade de Vigo no Campus de Ourense, ocupa na actualidade o cargo de vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación, e como tal é coordinador do Título de Educación Social e coordinador da elaboración da Memoria do Novo grao, en estreita colaboraci'on co CEESG, a súa segunda casa.
Dende o Ceesg, todos os nosos parabens para Mariló.
R/ Lisboa 20, Baixo C, 15707 Santiago | Telf: 981 552206 | Fax: 981 938274
Política de protección de datos | Contacto | RSS