Área privada

Xornada Propositiva sobre o Desenvolvemento Comunitario Rural en Manzaneda



O proximo día 21 dexaneiro de 2012, desenvolverase en Manzaneda unha xornada de traballo organizada polo Concello de Manzaneda, a Faculade de Ciencias da Educación de Ourense (Universidade de Vigo), e polo Ceesg a traverso do Grupo de Estudos e Intervención Xeragóxica. Os temas arredor dos que xira esta xornada son o "envellecemento activo", o "desenvolvemento comunitario" ou a "animación sociocultural".

Esta é unha xornada para buscar ideas, e a idea principal e básica é o achegamento a este concello ourensano é coñecer o entorno, os seus recursos, o persoal e os potenciais. Con toto este coñecemento o que se pretende  é crear ideas para levalas a cabo aproveitando a experiencia cotiá e o bo facer das persoas que se achegarán ata Manzaneda.

Os contidos artéllanse arredor dun Espazo de coñecemento e reflexión do que participarán Persoal Técnico do Contorno, Grupo de Traballo en Xerontoloxía, Profesionais Académicas/os, Profesionais da admistración local e persoas expertas nas temáticas sinaladas anteriormente (estes contidos trataranse na quenda de mañá, que comezará ás 11:00hs), e dun Espazo para as propostas: Ideas, suxestións, Experiencias, Boas Prácticas,... (que rematará sobre as 20:00hs).

Este encontro pretende achegarlle ás/os profesionais desta zona, ideas novidosas e operativas a levar a cabo neste concello, poñer en valor os recuros sociais e comunitarios, co obxectivo final de propoñer posibles accións a levar a cabo para integrar actividades que dinamicen á poboación e re(coñezan os seus potenciais).

Dende o Ceesg queremos animar a aquelas persoas do eido educativo e social que estean interesadas nesta temática a participar desta xornada de traballo.

Descarga aquí o cartaz

 

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade