Área privada

Nova Formación do Ceesg: Charla Véndete!

Mércores, 08 Febreiro de 2012 | Tags: formación , Actuación do Ceesg , Charla


Á Área de Desenvolvemento Profesional segue a poñer en marcha novas iniciativas, centrándose especialmente na actual situación laboral, por iso desenvolverá o próximo día 10 de Febreiro a Charla Véndete!.

O obxectivo desta charla é coñecerse para poder enfrontarse á busca de emprego con maiores porcentaxes de éxito e chegar á entrevista de traballo con pleno coñecemento e seguridade de ti mesma/o.

Terá unha duración de 3 horas, e desenvolverase na Sala de Usos Múltiples do Ceesg, Rúa Lisboa nº 20-baixo-C. Santiago de Compostela.

Descarga aquí o programa

Para inscribirte no curso podes facelo a través da nosa web, ou por fax ou e-mail envíando a ficha de inscrición xunto co xustificante de pago, tarxeta de desempregada/o, estudante, segundo sexa o teu caso.

A CHARLA É GRATUÍTA PARA AS PERSOAS COLEXIADAS!!!

Descarga aquí a ficha de inscrición

 

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade