Área privada

O educador/a social no ámbito escolar

Luns, 25 Setembro de 2006 | Tags: Escola

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia persegue, dende hai tempo, o obxectivo de incorporar a figura profesional do Educador/a Social aos centros educativos, como se está a facer en moitas outras comunidades autónomas, para adaptar o traballo no sistema educativo ás novas realidades existentes, en colaboración co resto da comunidade educativa, especialmente os mestres/as e profesores/as e pais e nais dos alumnos.

É intención do Ceesg facerlle ver á Consellería de Educación a necesidade da incorporación desta/e profesional ao sistema educativo, que sen dúbida facilitaría o traballo das mestras/es e melloraría o noso sistema educativo ante os novos retos que ten que afrontar.

Consulta o tríptico sobre o papel da Educación Social nos centros educativos.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade