Área privada

Próximo cobro de cotas colexiais. Aviso sobre cotas bonificadas

Luns, 05 Xuño de 2017 | Tags: Ceesg

Durante mes de xullo procederase ao cobro da cota colexial correspondente ao segundo semestre do 2017.

Para beneficiarte de algunha das cotas reducidas (por desemprego, residencia no estranxeiro, salario inferior ao SMI ou situacións análogas) debes presentar a documentación pertinente ata o día 30 de xuño (incluído).

Recordamos o importe das cotas e a documentación a presentar en cada caso:

Tipo de cota
Cuantía

Documentación a presentar ata o día 30 de xuño

Xeral 71,12 € Ningunha

Bonificada por desemprego

Aplicada tamén a pensionistas, estudantes, ou situacións equivalentes acreditadas

35,56 €

Copia actualizada da tarxeta de demandante de emprego, ou acreditación pertinente.

Se no anterior cobro non foches beneficiario deste tipo de cota: 

Solicitude de cota de mantemento semestral bonificada.

Bonificada por residencia no estranxeiro

35,56 €

Acreditación de residencia no estranxeiro.

Se no anterior cobro non foches beneficiario deste tipo de cota: 

Solicitude de cota de mantemento semestral bonificada.

Bonificada por salario inferior ao mínimo interprofesional (SMI) 53,34 €

Copia actualizada do certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social acreditativo da/s última/s Base/s de Cotización.

Se no anterior cobro non foches beneficiario deste tipo de cota:

Solicitude de cota de mantemento semestral bonificada.Solicitude de cota de mantemento semestral bonificada.

Comentarios (4)

1 | patricia carnota pérez - Luns, 11 Xullo de 2011 ás 10:02

ola, eu sigo desempregada e como demandante de emprego, pero a raíz de estar facendo un curso a través do Inem non teño a tarxeta de demandante sellada ao día, pois non tiven porque ir a presentar nin sellar a tarxeta por estar activa no curso. De todas formas eu de escanear a tarxeta como demandante e enviarvola, ou decídeme como teño que facer para o novo cobro da cota de afiliación

2 | Carme Glez Daporta nº colexiada 3472 - Xoves, 26 Xaneiro de 2012 ás 15:30

Boa tarde Non sei o motivo de non ter notificación previa, pero acabo de recibir hoxe o mail sobre as cuotas bonificadas. Estou en desemprego e farei envío da solicitude e tarxeta de demandante esta mesma tarde. Grazas pola atención

3 | Carme Glez Daporta nº colexiada 3472 - Xoves, 26 Xaneiro de 2012 ás 15:31

Boa tarde Non sei o motivo de non ter notificación previa, pero acabo de recibir hoxe o mail sobre as cuotas bonificadas. Estou en desemprego e farei envío da solicitude e tarxeta de demandante esta mesma tarde. Grazas pola atención

4 | Ceesg - Venres, 27 Xaneiro de 2012 ás 10:08

Bo día Carme, o aviso sobre o cobro das cotas colexiais do presente semestre, e sobre o prazo límite de envío saiu publicado nos dous últimos números do Boletín do Ceesg (novembro e decebro) que agardo que esteas recibindo, se non é así avísanos no correo ceesg@ceesg.org. Por outro banda é certo que sempre podemos mellorar a comunicación e sacar máis avisos online e poñelo coma nova na web con unha maior anterioridade Agardamos poder seguir mellorando con achegas como a túa. Moitas grazas pola túa colaboración. Servizos Colexiais do Ceesg

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade