Área privada

Curso de Peritaxe Xudicial. Vigo, 9 de xullo.

Xoves, 01 Febreiro de 2018 | Tags: formación , peritaxe

O presente curso ten como obxecto fundamental adquirir os coñecementos necesarios para poder desenvolver a actividade de Educador/a Social en calidade de perito.

Para isto faise necesario coñecer, non só a Lei que regula o proceso normativo dos Ditames Periciais, (Lei de Axuizamento Civil 1/2000 de 7 Xaneiro), senón aspectos específicos da disciplina, que inciden directamente nas actuacións como peritos.

Coñecemos a implantación dos distintos Programas de Atención Social en Xulgados e Audiencias, así como a configuración de Equipos Técnicos formados por Traballadores/as Sociais, Psicólogos/as, Educadores/as..., con todo, non é a única forma que temos de prestar os nosos servizos á Administración de Xustiza, tamén podemos facelo dende fóra: EN CALIDADE DE PERITOS.

DATOS DO CURSO

Data: sábado 9 de xullo de 2011.

Lugar: Vigo. Centro Cultural Nova Caixa Galicia (Rúa Policarpo Sanz, 13) Sala de seminarios nº 2.

Horario: De 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:30

Duración: 8 h.

Docente: José Carlos Piñeiro, educador social e perito xudicial. 

Contidos:

  1. Configuración e organización da administración de Xustiza: Xulgados e Tribunais, Lei de axuizamento Civil, Análise dos artigos que recollen o Ditame Pericial
  2. Peritos xudiciais e peritos privados: o procedemento de designación.
  3. Cuestionamentos dos peritos: tacha e recusación.
  4. Características dos Ditames Periciais.
  5. Estrutura de informes sociais como ditame Pericial: contidos, pistas terminográficas para adxectivación de situacións e factores sociais. TIC.
  6. eseño da metodoloxía da investigación.
  7. Os honorarios profesionais: cálculo minutario. Revisión de honorarios.
  8. Forma de facturación: obrigas fiscais, tributantes e da seguridade social.
  9. Lei de Protección de datos de carácter persoal.
  10. O Xuízo

Nº de prazas: 25 (adxudicaranse por orde de inscrición). Ten que haber un mínimo de 20 inscricións para realizar o curso.

Prezo:

  • Colexiadas/os Ceesg: 30 €
  • Non colexiadas/os: 70 €
  • Estudantes e desempregadas/os: 40 €

Prazo de inscrición: ata o 6 de xullo (incluído) ou ata esgotar prazas.

Inscricións:

Máis información sobre Educación Social e peritaxe

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade