Área privada

Presentación da campaña 'Fagamos da Risga un verdadeiro dereito'

Martes, 04 Decembro de 2018 | Tags: inclusión , Comunicación , campaña , risga

Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional dos Dereitos Humanos e ante a próxima aprobación definitiva pola Xunta de Galicia do decreto da RISGA, organizacións sociais e políticas de Galicia convocamos roldas de prensa informativas simultáneas en tres cidades para presentar a campaña 'Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito'. 

Será o luns 10 de decembro ás 11:30 en:

  • Santiago de Compostela: diante dos edificios administrativos da Xunta de San Caetano (en fronte da Estación de Autobuses).
  • A Coruña: diante da Xefatura Territorial de Política Social da Xunta de Galicia (rúa Salvador de Madariaga 9).
  • Vigo: diante do edificio da Xunta de Galicia (rúa Concepción Areal 8).

Despois da presentación comezaremos o reparto dos folletos informativos na rúa, como primeiro dos actos que se prolongarán nos vindeiros meses.

Esta campaña pretende presentar ao conxunto da sociedade a necesidade de converter a RISGA, neste contexto de empobrecemento, nun verdareiro dereito para o conxunto da cidadanía. As reivindicacións pasan por superar o modelo vixente e esixir:

  1. RISGA como dereito cidadá, nunha sociedade empobrecida como a nosa.
  2. RISGA como dereito individual e respectuosa co proxecto de vida das persoas, habitualmente sometidas a controis innecesarios.
  3. RISGA suficiente e digna, que tome como referencia o Salario Mínimo Interprofesional para superar as contías indignas da actualudade (403,38 euros/mes).
  4. RISGA accesible e eficaz, que mediante tramitacións eficientes garanta un prazo máximo dun mes para o acceso a mesma.
Organizacións asinantes do acordo colectivo de esixencia de garantías básicas no relativo ao proxecto de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de Inclusión Social de Galicia, no relativo á tramitación da Renda de Inclusión Social de Galicia e das Axudas de Inclusión: Foro Galego de Inmigración, Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG), Asociación ONG Viraventos, Proserso, SOS Racismo, Oficina de Dereitos Sociais de Coia (Vigo), Asociación Boa Vida, Asociación Plataforma Polo Emprego, Baladre (Coordinación contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión social), Colectivo de Renda Básica Universal de Compostela, Coordenadora de Crentes Galegos, Esquerda Unida, BNG, Compostela Aberta, En Marea, PsdG-PSOE e CUT.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade