Área privada

III Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores

Mércores, 28 Novembro de 2018 | Tags: cgcees , convenio colectivo , laboral , infancia menores , regularización

O pasado 23 de novembro publicouse no BOE o III Convenio Colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores, no que queremos destacar que a categoría "Educador/a" queda a extinguir, para que pase a denominarse "Educador/a social":

"O posto de traballo denominado anteriormente como Educador pasa a denominarse Educador Social coas funcións e requirimentos propios do seu posto de traballo e descritos neste convenio colectivo."

A este respecto, facemos nosas as palabras do Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais (CGCEES), recoñecendo ás partes negociadoras por incluír á profesion de referencia deste ámbito, a educación social, instando á mellora das condicións das e dos profesionais do sistema de protección, e formulando a necesidade de unificación dos diferentes convenios do sector que actualmente xeran situación de desigualdade das/os profesionais segundo os ámbitos.

Enlace ao texto do convenio

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade