Área privada

Listaxe de peritas/os xudiciais

Martes, 11 Decembro de 2018 | Tags: peritaxe , listaxe

Cada ano, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) elabora unha listaxe de profesionais dispostas/os a actuar como peritas/os ante xulgados e tribunais. Para este fin, ten aprobado un regulamento específico, que foi adaptado recentemente á nova regulación de protección de datos persoais (Descargar regulamento)

A actividade pericial consiste na valoración obxectiva por parte de persoal experto dunha determinada situación ou feito, que pode ser influínte para a decisión xudicial, e pode ser empregado como proba nun xuízo. As persoas que actúan como peritas/os prestan este servizo por conta propia. Este proceso está regulado pola Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil.

Aínda que a formación e experiencia non son requisito para integrarse nesta lista, dende o Ceesg recomendamos ter algunha formación específica na materia e experiencia como educador/a social, pois é fundamental ter práctica na redacción de informes, coñecer como funcionan os procedementos xudiciais, os chamamentos, situacións de  incompatibilidade, etc.

Quen queira solicitar a súa inclusión nas listas de peritaxe, pode facelo cubrindo e enviando ao Ceesg o anexo I do regulamento e enviándoo a ceesg@ceesg.org, ou ben cumprimentando o seguinte formulario: Solicitude listas peritaxe 2018

O prazo é ata o 27 de decembro de 2018 (incluído).

Os datos que se faciliten enviaranse a Xulgados e Tribunais, e facilitaranse a outras entidades ou persoas que poidan ter interese en contar cos servizos profesionais dunha/dun perita/o.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade