Área privada

Xornadas de experiencias culturais en Compostela

Os días 26 e 27 de novembro desenvolveranse as Xornadas de experiencias culturais 'Políticas culturais, animación sociocultural e xestión cultural. Miradas dende a Educación Social', organizadas polo alumnado de Educación Social da Universidade de Santiago, no marco da materia 'Educación social nas políticas culturais'. Terán lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida)

O Ceesg é entidade colaboradora desta xornada, e teremos representación no acto inaugural.

A participación nas xornadas é gratuíta, sendo necesario inscribirse previamente.

Ver programa

Formulario de inscricións

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade