Área privada

O Ceesg volve tinguirse de negro contra as violencias machistas

Mércores, 28 Novembro de 2018 | Tags: igualdade , Violencia , Feminismo , campaña

Co gallo do 25 de novembro, Día Internacional contra as violencias machistas, o Ceesg súmase de novo á campaña En Negro contra as violencias, unha acción colectiva de sensibilización social. Animamos así mesmo a que todas e todos vos sumedes á iniciativa de xeito individual, tinguindo de loito fiestras e balcóns, lugares de traballo, vestindo de negro, e  subindo ás redes sociais fotografías de accións que vexas pola rúa poñendo os cancelos #GaliciaEnNegro ou #ContraAsViolencias.

Hai disponible material descargable na web da campaña https://ennegrocontraasviolencias.gal/

Ademais, o Ceesg elaborou un texto que será publicado nun xornal que o concello de Santiago de Compostela editará de xeito especial para esta data.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade