Área privada

Menores sen refuxio, non no noso nome

Luns, 12 Novembro de 2018 | Tags: infancia , migracións , activismo , menores , refuxio

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas promove entre o mércores 7 de novembro e o sábado 10 de novembro unha serie de actos e actividades orientadas a denunciar a terrible vulneración de dereitos que sufren deceas de miles de menores na Unión Europea e tamén no Estado Español. Estes actos e actividades contarán coa participación de:

José Palazón: máis dunha década de loita polos dereitos dos menores e dos migrantes en Melilla (PRODEIN). Probablemente a persoa que mellor coñece a realidade dos menores sen refuxio  no Estado Español. Entre os seus premios e recoñecementos salientamos: Premio Dereitos Humanos do Consello Xeral da Avogacia de España 2016; Os Premios de Fotografía Sos Racismo do 2016 e 2016; ou o Premio Ortega e Gasset de xornalismo gráfico do ano 2015.

Os Actos e Actividades, coa colaboración de diferentes entidades e asociacións chegarán a diferentes lugares de Galicia:

Santiago de Compostela, mércores 7 de novembro: 

  • 19:30 h. Acto público na Praza de Mazarelos: Menores sen Refuxio, Non no noso Nome coa participación de José Palazón.
  • 20:00 H: Charla aberta con José Palazón na Aula 8 da Facultade de Historia. Esta actividade conta coa colaboración da Universidade de Santiago.


A Coruña, xoves 8 de novembro:

  • 11.30 h: Conferencia de José Palazón sobre menores sen refuxio na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña.
  • 20:00 h: Charla aberta de José Palazón no Centro Fonseca (Rúa Fonseca n.º 8) en colaboración coa ONG Entreculturas.

 
Mazaricos, venres 9 de novembro:

  • 21:00 h: Charla aberta de José Palazón na Casa da Cultura de A Picota en colaboración co Concello de Mazaricos e a Asociación Egueire.

Pontevedra, sábado 10 de novembro (en colaboración con Círculo de Silencio de Pontevedra)

  • 11:30h charla aberta  de José Palazón na Biblioteca Pública Antonio Odriozola

Vigo, sábado 10 de novembro:

  • 19:00 h: charla aberta de José Palazón na Parroquía Corazón de María (R/ Honduras n.º7) en colaboración coa Rede Social Galicia Sur.


De forma complementaria haberá intervencións en centros de ensino e proxeccións con coloquio do documental 'Os nenos de Calais. A hora da Xustiza', da documentalista e activista británica Sue Clayton, que non puido participar nestes actos por mor dunha inoportuna indisposición.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade