Área privada

Convocatoria Bolsa de proxectos de formación do Ceesg

Luns, 12 Novembro de 2018 | Tags: convocatoria , formación

Nesta nova andadura do Ceesg (2018-2022), continuamos coa iniciativa de creación dunha bolsa anual de actividades de formación, retomada o ano pasado.

A formación complementaria e a reciclaxe profesional é imprescindible na nosa profesión, e dende o Ceesg queremos ofrecer posibilidades formativas que melloren a empregabilidade das educadoras e educadores sociais, e que contribúan a desenvolver con éxito ou a mellorar a súa acción socioeducativa. Ademais, a posta en marcha desta bolsa permite que persoas con ampla experiencia en determinados ámbitos compartan os seus coñecementos dándolles a oportunidade de iniciarse ou consolidarse tamén no ámbito da docencia.

A convocatoria funciona de xeito que as persoas interesadas en impartir formación nos envíen as sús propostas. Entre as recibidas, o Ceesg escollerá algunha delas, que se incluirán no plan de formación do Ceesg 2019. O prazo de presentación de propostas estará aberto ata o 26 de novembro.

Ver bases da convocatoria

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade