Área privada

Convenio con Fegadem

Martes, 30 Outubro de 2018 | Tags: convenio , saúde , colaboracións
A Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) e o Ceesg asinaron recentemente un convenio marco de colaboración que busca poñer en marcha medidas e puntos de defensa comúns, así como a elaboración dunha guía sobre a abordaxe da Esclerose Múltiple onde xunto a outras disciplinas, poidamos achegar a visión e recomendacións dende a profesión de Eduación Social.
Este convenio que permitirá fomentar o intercambio de información e apoio técnico no campo da Atención Integral, sobre as necesidades do colectivo das persoas afectadas por Esclerose Múltiple, as súas familias e/ou referentes, así como por outras enfermidades neurodexenerativas, á vez que promover as alianzas oportunas para o deseño e desenvolvemento de programas e proxectos conxuntos que cumpran cos obxectivos estratéxicos de ambas as entidades.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade