Área privada

Presentación do libro 'Pedagogías radicales de (la) locura'

O grupo de traballo sobre saúde Miolo, do Ceesg, organiza a presentación do libro 'Pedagogías radicales de (la) locura. De Paulo Freire a Guillermo Borja' (editorial UOC) seguida dun debate sobre o modelo de saúde actual e o papel da Educación Social.

Será o vindeiro mércores 7 de novembro, ás 18:30 na sede do Ceesg (Compostela), e contará ademais coa intervención dun dos autores da obra, o educador social Miguel Salas Soneira. Este acto servirá de marco para abrir o debate sobre o modelo de saúde actual e o papel e como a Educación Social está presente neste eido. Participarán tamén neste acto Esperanza Rodríguez Martínez, da Asociación Itínera e Rocío Núñez Rúa, educadora social no eido da saúde mental. Como moderador, contaremos con Alfonso Tembrás López, integrante do grupo de traballo Miolo.

A asistencia e participación é gratuíta, sendo necesario anotarse previamente.

Lugar: Compostela, sede do Ceesg (ver ubicación)

Data: mércores 7 de novembro ás 18:30 h.

Formulario de inscrición

Máis información sobre o libro aquí

Comentarios (1)

1 | Anxela LÓPEZ Leiceaga - Martes, 06 Novembro de 2018 ás 22:10

Considero moi interesante que se publiquen libros a saúde mentail dende visión critica

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade