Área privada

A Deputación de Lugo solicita regularizar e profesionalizar a Educación Social

Martes, 30 Outubro de 2018 | Tags: lei , Comunicación , Concellos , campaña , dereito

O martes 30 de outubro, o Pleno da Deputación de Lugo comezaba coa aprobación dunha declaración instituciónal de apoio á regularización do dereito á Educación Social.

O Pleno da Deputación de Lugo solicita deste xeito a Regularización da Educación Social en Galicia, a través dunha Lei Galega do Dereito á Educación Social, así como, que dende o Goberno de España se desenvolva unha Lei de Regularización do dereito á Educación Social, a nivel estatal.

Con este apoio, as catro deputacións galegas xa amosaron o seu apoio para un recoñecemento á nosa profesión, e un avance cara o benestar social da cidadanía e das persoas que son destinatarias das nosas intervencións socioeducativas.

Se queres ver a lectura da declaración institucional no pleno, podes facelo a través do canal de youtube da Deputación (enlace).

#LeiGalegaEducaciónSocial #PorunaLeydeEducaciónSocial


#PorunaLeydeEducaciónSocial
#LeiGalegaEducaciónSocial

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade