Área privada

5º Concurso de proxectos de Educación Social Memorial Toni Julià

Venres, 26 Outubro de 2018 | Tags: premio , educación social , cgcees , concurso , universidade , proxectos , memorial

O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Educadoras e Educadores Sociais (CGCEES), en colaboración cos Colexios Profesionais Autonómicos de Educación Social, convoca este concurso, que leva o título de ‘Memorial Toni Julià’ en homenaxe a un dos máis importantes precursores da nosa profesión no Estado.

A convocatoria consiste nun concurso de proxectos profesionais realizados por educadoras e educadores sociais ou estudantes de educación social, premiándose as que se consideren máis interesantes e innovadoras, e facilitando a súa difusión.

O concurso é a nivel estatal, e os traballos deben presentarse no Colexio profesional de Educación social da comunidade autónoma na que se desenvolva o proxecto ou onde estea colexiada/o actualmente a persoa que o presenta.

O Ceesg quere colaborar con esta iniciativa de forma activa outorgando ademais un recoñecemento público aos proxectos galegos. Por iso, premiaremos aos proxectos presentados no Ceesg que resulten finalistas (é dicir, que pasen á fase estatal do concurso), co seguinte:

  • Cota de mantemento colexial gratuíta durante un ano.
  • Publicación do traballo polos medios que o Ceesg considere oportunos.
  • Dúas inscricións gratuítas en accións formativas organizadas polo Ceesg.

Bases xerais do concurso

Descargar cartaz

Poden presentarse os proxectos ata as 14:00 h. do 31 de marzo de 2019.

Comentarios (2)

1 | Iria - Venres, 26 Outubro de 2018 ás 01:08

Boas! Son válidas as presentacións de TFG ou é preciso que o proxecto se levase acabo? E se o proxecto está en galego , antes de presentalo traduciríase? Moitas gracias de anteman

2 | Ceesg - Venres, 26 Outubro de 2018 ás 09:30

Ola Iria. Recollemos a continuación as as indicacións recollidas nas bases respecto ás túas dúbidas: "Todos los trabajos que se presenten deben referirse a actuaciones cuya implementación se haya realizado o este en proceso de realización. También se admitirán proyectos teóricos con viabilidad para su ejecución, que incorporen un plan de viabilidad o similar." É dicir, se o proxecto non foi levado á práctica terás que incluír un plan de viabilidade ou similar. Respecto da lingu: "Las propuestas podrán presentarse en cualquier lengua oficial del Estado y deberán incluir la traducción al castellano." Un saúdo

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade