Área privada

III Encontro Provincial pola Inclusión

Luns, 22 Outubro de 2018 | Tags: Ceesg , diversidade funcional , formación , inclusión , xornadas , diverdade

A Deputación de Pontevedra organiza a terceira edición do Encontro Provincial pola Inclusión, que terá lugar os días 29 e 30 de outubro. O día 29 estará dedicado ás xornadas técnicas, dirixidas a profesionais, e desenvolverase no Museo de Pontevedra, Sexto edificio. E o día 30 estará dedicado a unha xornada de convivencia, dirixda sobre todo a persoas relacionadas con organizacións e entidades que desenvolvan o seu labor no ámbito da inclusión e da igualdade, a familias e ao público xeral, e desenvolverase na Cidade Infantil Príncipe Felipe.

O Ceesg participará desta xornada, tendo presenza nunha mesa redonda compartida cos colexios profesionais de Psicoloxía e Traballo Social, centrada na diversidade funcional, na que falará Paula Varela, vogal do Ceesg e integrante do grupo de traballo Ceesg en Diverdade.

A inscrición é gratuíta e está aberta ata as 15:00 h. do xoves 25 de outubro.

Ver programa

Enlace á web do III Encontro Provincial pola Inclusión e ao formulario de inscrición

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade