Área privada

Formación Ceesg: Xénero, Poder e Feminismos

Luns, 12 Novembro de 2018 | Tags: igualdade , formación , Fiadeiras , Feminismo , descontos , grupo de traballo , grupos

Da man do grupo de Igualdade do Ceesg, Fiadeiras, desenvolveremos en novembro o obradoiro teórico-práctico 'Xénero, poder e feminismos. Transformando as relacións e os coidados nos grupos'.

Neste encontro analizarase de forma crítica as relacións de poder que o xénero establece, ao tempo que promoverá a reflexión e a toma de consciencia de como a construción diferencial de xénero inflúe no funcionamento dos grupos.

Este obradoiro está dirixido especialmente a persoas que, de forma persoal ou profesional, participe ou dinamice grupos e teña interese en reflexionar e incorporar o feminismo dunha forma transversal dentro dos mesmos.

A duración total desta acción formativa é de 12h. que se impartirán durante un día e medio (10 e 11 de novembro).

O prazo de inscrición está aberto ata o día 5 de novembro.

Ver detalles da formación.

Formulario de inscricións

Descargar cartaz.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade