Área privada

Comunicado do Grupo de Traballo de Saúde Miolo, do Ceesg, polo Día Mundial da Saúde Mental

Xoves, 18 Outubro de 2018 | Tags: comunicado , grupo de traballo , Conmemoración , día internacional , miolo

Dende o Ceesg, a través do Grupo de traballo Miolo, especializado no ámbito da Saúde, sumámonos á campaña de visibilidade e normalización da Saúde Mental neste Día Mundial.

Defendemos a praxe dende o respeto aos Dereitos Humanos, a boa práctica de darlle voz ás protagonistas para responder de xeito adecuado as súas necesidades, visibilizando e normalizando unha realidade que ten que deixar de ser un tabú.

A Educación Social fai e ten que seguir facendo neste sentido. As e os profesionais que traballamos neste ámbito, levamos a cabo tarefas que permiten que as persoas se empoderen e que a sociedade evite a etiquetación e o estigma. Levamos a cabo unha labor non so de prevención se non de actuación en múltiples aspectos da vida das persoas con enfermidade mental, co obxectivo principal de fomentar a súa autonomía e participación.

Favorecemos a promoción de alternativas ao modelo de saúde mental tradicional, onde o noso papel Socio Educativo é clave para evitar o paternalismo e o traballo co diagnóstico e non coa persoa.

Dende o Ceesg, defendemos a importancia da calidade dos equipamentos, institucións e recursos de Saúde Mental, da presencia de múltiples e diversas profesionais nestes servizos, entre as que estamos as e os Educadoras Sociais; o traballo en rede entre institucións, a necesidade de soporte na propia Comunidade, ás persoas e as súas familias e o investimento no público.

Agardamos que o tema da saúde mental, sexa por fin, unha cuestión de todas e todos, e seguiremos traballando nesa liña.

Comentarios (1)

1 | Miguel Salas Soneira - Luns, 15 Outubro de 2018 ás 17:31

Moito coidado ca linguaxe, compañeiras. Se declaramos estar en pro do empoderamento e en contra de que a sociedade etiquete ás persoas, resulta certamente paradóxico afirmar, a renglón seguido, que quen vivencia o malestar psíquico ten unha enfermidade. Dende un punto de vista científico non está demostrado que o sufrimento mental sexa unha patoloxía médica. O que sí é unha evidencia é que alinearse co discurso biomédico reforza tanto os estereotipos coma o estigma. Polo demáis, ánimo coa labor no complexo campo da saúde mental, que fai moita falla. Recibide un saúdo afectuoso

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade