Área privada

Formación en SIUSS para profesionais dos servizos sociais

Martes, 09 Outubro de 2018 | Tags: , servizos sociais , formación , Concellos

Dentro do plan de formación de servizos sociais comunitarios que promove o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, e organiza a Consellería de política social, vai realizarse a seguinte formación de 5 horas de duración:.

Día 19 de novembro: Xornada sobre o módulo de desprotección infantil de SIUSS

Alumnado destinatario: profesionais en activo, de educación social e familiar dos servizos sociais comunitarios e outras/os profesionais responsables do Servizo de educación e apoio familiar.

Horario de 9:30 a 14:30

Lugar: aula de informática da AMTEGA en San Lázaro (edificio ao lado do SERGAS), en Compostela.

As persoas interesadas enviarán a solicitude cuberta a: soporte.siuss.ctb@xunta.gal

Prazo de solicitude: ata o 25 de outubro de 2018.

Para a selección das accións formativas, terá prioridade a persoa solicitante que non teña formación e, de ser o caso, as persoas que non teñan realizada ningunha outra xornada do mesmo plan no ano anterior nin no semestre anterior deste mesmo exercizo.

Descargar ficha de inscrición

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade