Área privada

Comunicado do CGCEES no Día Internacional da Educación Social 2018

Martes, 02 Outubro de 2018 | Tags: cgcees , Comunicación , universidade , documental , DIES , edusoday , Conmemoración , documentario

O Día Internacional da Educación Social é a conmemoración que une a todas as Educadoras e Educadores Sociais co obxectivo de visibilizar e reivindicar a profesión, como facilitadora do cambio social efectivo.

O escenario actual obríganos a realizar unha análise profundamente crítica da realidade social e a deficiente atención na recepción e acollida, con escasos recursos económicos e humanos, ás persoas de nova chegada, especialmente aos MENAS (Menores Estranxeiros Non Acompañados), que se atopan nunha situación de absoluto desamparo, con complexos trámites burocráticos que engaden dificultade á súa xa desesperada situación. Non debemos obviar a necesidade de intervir nunha sociedade que acolle con receo a quen cre diferentes e observa como ameaza. A todo iso debemos engadir o alarmante aumento dos casos de violencia de xénero e de acoso escolar.

Cremos que resulta ineficaz seguir implantando leis autonómicas de Servizos Sociais que non avanzan, nin superan o mandato constitucional da “asistencia social” e do Plan concertado de Prestacións Básicas de 1988, e o abandono de principios básicos como a atención centrada na persoa, o traballo interdisciplinar e a dimensión comunitaria do mesmo.

A Educación Social é unha profesión con compromiso adquirido para a transformación social e a plena consecución dos Dereitos Humanos e Sociais fundamentais, que traballa para que as institucións públicas e privadas sexan sensibles e eficaces coas problemáticas sociais e a atención ás persoas. Desde o CGCEES,

  • Reivindicamos o acceso universal á Educación Social ao longo da vida, salientando na práctica socioeducativa naquelas contornas menos favorecidas, xerando espazos dialogantes e participativos co fin de fomentar a reflexión conxunta para alcanzar propostas de intervención baseadas no empoderamento da persoa como suxeito activo da sociedade.
  • Solicitamos que se eliminen as trabas ao acceso á educación e á cultura coa implantación da gratuidade dos libros de texto, ou medios que os substitúan, a baixada do IVE á cultura e o establecemento do salario ou cartón cultural.
  • Reivindicamos a incorporación de Educadoras e Educadores Sociais en espazos dialogantes e de toma de decisións, como profesionais de referencia, no sistema educativo e o sanitario, formando parte de equipos de diferentes perfís na intervención social.

Os compromisos adquiridos no Congreso Estatal de Educación Social, celebrado en Sevilla en 2016, seguen completamente vixentes e nesta data tan sinalada para a nosa profesión, desde o CGCEES solicitamos a aprobación da Lei para a regularización do dereito á Educación Social como garante de dignidade e dereito da cidadanía.

Feliz Día da Educación Social!!

2 de outubro de 2018 

#EdusoDay2018

Ver comunicado en castelán

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade