Área privada

Día Internacional da Educación Social 2018

Martes, 02 Outubro de 2018 | Tags: cgcees , Comunicación , universidade , documental , DIES , edusoday , Conmemoración , documentario

Este ano, celebraremos o Día Internacional da Educación Social 2018 (DIES), xunto ás tres universidades galegas.

Todos os actos previstos terán lugar o propio 2 de outubro, abertos a toda persoa que queira asistir, e xirarán arredor das publicacións máis recentes do Cees: o documentario 'Fitos e feitos da Educación Social en Galicia' o folleto sobre as Funcións da Educación Social por ámbitos de traballo, e o número 12 da revista Galeduso, monográfico sobre a Historia da Educación Social en Galicia.

Tamén en redes sociais queremos darlle visibilidade ao DIES, usando o hastag #EdusoDay2018 e tamén cunha iniciativa de visibilizaciónda profesión, para a que pedimos a vosa colaboración. Queremos saber que vos aporta a Educación social, por que escollíchedes esta profesión, en que ámbito a desenvolvedes e qué facedes por ela; por iso, o 2 de Outubro, sube ás redes un videoselfie de un minuto máximo de duración, no que expoñas calqueira destas cuestións, etiqueta ao colexio (@GaledusoCeesg) e ao CGCEES (@cgcees) e inclúe o hastag escollido para este día: #EdusoDay2018. Queremos coñecernos, poñernos cara, compartir experiencias, e escoitarnos. Ponlle cara á Educación Social

Anótao na axenda, 2 de outubro en...

O DIES, queremos estar xuntas e xuntos lembrando que a Educación social é un dereito da cidadanía.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade