Área privada

VIgalicia no Ceesg: Nada sobre nós, sen nós

Martes, 11 Setembro de 2018 | Tags: diversidade funcional , formación , faladoiro

‘Nada sobre nós sen nós’ é o lema defendido por VIgalicia, asociación sen ánimo de lucro que promove a autonomía persoal e o empoderamento das persoas con diversidade funcional.

Estarán connosco o vindeiro 28 de setembro, ás 17:30 h. nun faladoiro que nos permitirá afondar na filosofía e ideario da Vida Independente. Contaremos coa participación de:

  • Anxela Leiceaga. Presidenta e cofundadora de VIgalicia. Foi unha das primeiras mulleres con diversidade funcional de Galicia en estudar en centros ordinarios e cursar estudos superiores. Membro do Foro de Vida Independente desde os seus inicios e cofundadora e vicepresidenta de SOLCOM. Participou no proxecto Yes, we fuck!, un documental que quere facer visible o sexo en persoas con diversidade funcional.
  • José Antonio Nóvoa. Activista de dereitos humanos e vida independente. Emprendedor social de ONGs de diversidade e inclusión. É membro do Foro de Vida Independente e participou no Primeiro Congreso Europeo de Vida Independente. Foi representante de España da ENIL e membro da súa Xunta Directiva. Impulsor do sistema galego de asistencia persoal. É fundador de SOLCOM, do Instituto Diversidade e Inclusión e a oficina de vida independente VIgalicia. Colaborou na creación da Federación de Vida Independente (FEVI). Escribe artigos de divulgación e informes sobre vida independente. É autor e produtor de proxectos creativos sobre política da diversidade.
  • Juan José Maraña. Vinculado ao Movemento de Vida Independente dende os anos 90. Ten traballado en ONG de persoas con diversidade funcional e como consultor freelance. Desde 2004, colabora nas accións que culminan coa aprobación do sistema galego de asistencia persoal. Cofundador de VIgalicia. Na actualidade forma parte da directiva da Federación de Vida Independente (FEVI) e de VIgalicia. Participou no Primeiro Congreso Europeo de Vida Independente (2003) asumindo ademais a secretaría do comité científico.

A participación no faladoiro será gratuíta. Por motivos de control do aforo, será necesario inscribirse previamente.

Enlace de inscrición.

  • Data: venres 28 de setembro
  • Hora: 17:30 h.
  • Lugar: Sede do Ceesg (ver ubicación)

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade