Área privada

O Barco de Valdeorras apoia o dereito á Educación Social

Luns, 10 Setembro de 2018 | Tags: lei , Comunicación , Concellos , campaña , dereito

No pleno municipal celebrado o día 6 de setembro, a corporación aprobou unha moción de apoio á regularización do dereito á educación social.

A moción aprobouse por unanimidade, cunha emenda ao texto inicial. Un pasiño máis para o o recoñecemento e reivindicación que favorece non só á nosa profesión, senón sobre todo á cidadanía e ás persoas que son destinatarias das nosas intervencións socioeducativas.

O concello instará á Presidencia da Xunta de Galicia e Presidencia do Goberno para crear unha lei que regule o dereito á Educación Social.

#LeiGalegaEducaciónSocial #PorunaLeydeEducaciónSocial

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade