Área privada

Cuestionario para profesionais que traballan con menores con medida xudicial

Dende o CEESCYL (Colegio de Educadoras y Educadores Sociales de Castilla y León) solicítannos difusión dun cuestionario, a petición da profesora do Grado de Educación Social na Universidade de Salamanca (USAL) Sara Serrate González, para a recollida de información, a cubrir por profesionais que traballan con menores con medidas xudiciais. Este cuestionario forma parte da investigación que está realizando Ana Asensio, educadora social e alumna da USAL.

É un cuestionario breve co que se pretende medir os factores de risco da violencia xuvenil e as medidas socioeducativas que se emprenden para a re-educación.

Sería de gran axuda que as e os profesionais que traballades en centros de menores pudésedes dar a vosa versión da realidade.
Se queredes colaborar, podedes acceder ao cuestionario no seguinte enlace

Encuesta a profesionales de centros de menores sobre os factores determinantes da violencia xuvenil e a intervención socioeducativa

(se non funciona o enlace, accede dende a nosa web ou copia e pega no teu navegador https://goo.gl/Yr9QiC )

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade